Os meus feitizos...

Son esas pequenas cousas que me entreten facer e que tanto me gustan, tamén cousas que vexo e me enchen o ollo, e todo aquilo que me apeteza compartir en cada momento.

Son esas pequeñas cosas que me entretiene hacer y que tanto me gustan, también cosas que veo y me encandilan, y todo aquello que me apetezca compartir en cada momento.

24 jun 2010

Bo verán a tod@s

Hola, estes días tiven a producción parada por mor do cambio de traballo, e porque a verdade, con isto do verán todos estades  por ahí, na praia, estudando, e ninguén ten tempo de andar  pensando en complementos... animarse moz@s, neno@s... que hai que poñerse guapos para as festas do verán.... Un saudiño e a pasalo ben neste verán que comeza.

21 jun 2010

pincho e broche, tamén antigos

Feitizos de outros invernos....

pendientes

Igual que a anterior entrada, tamén é de cousiñas que xa teñen tempo, e das que me pasaron  fotos agora, xa que antes non se me ocorría fotografalas¡

colgantes e colares

Hola de novo  amig@s, en realidade non fixen nada estes días , estiven ocupada  co traballo, pero vou poñer fotos de algunhas cousas que xa fixera anteriormente, e das que non tiña imaxes; todas elas en poder da miña irmá, e é gracias a ela que teño fotos.

14 jun 2010

Unhas fotos dalgúns encargos

Por fin teño algunha foto de encargos xa postos,  a que lle quedan ben? Grazas tamén  a fotógrafa ;) graciñas Ari. E como non á modelo, que non lle apetecía moito  que a vise todo o mundo, pero.... o que hai que facer polas irmáns pequenas... jajajaja Ahí van:

Pedidos entregados

Entregados os últimos pedidos, que gustaron po certo, unha fotiño de antes de entregalos.


11 jun 2010

Este é un encargo de pendientes e pulseira


Non me decidía coa cor nin co estilo, non o tiña moi claro, así que decidín facer duas opcións, unha en tons violetas, con pendientes florales en fío de liño, flores de cerámica e abalorios de madeira; a pulseira en coiro violeta, con anillas e feche prata. A outra opción en tons vermellos con abalorios grandes con estampado azul e vermello, e laciño en azul; a pulseira está feita en cola de rato vermella, e bolas en prata. Espero acertar con algunha. Ahí van as fotiños...

esta é para Esther...a ver que lle parece :)

Está é ... unha monada, non é porque a fixera eu eh¡.... jajaja está feita en tafetán, é con flores en seda salvaxe, un luxo de diadema¡

horquilla e broche

Estes foron uns enredos de un día de aburrimento, non son gran cousa, pero hainos que sacar... a min a horquilla encántame¡


Espero que vos guste, estou procesando outros...

diademas infantís

Xa hai moito que non facía nada, pero ahí estou coa miña primeira incursión en diademas para nenas, aínda  non son as mellores, pero irei perfeccionando, xa sacarei unhas fotos de como lle quedan, que estas que saquei son bastante malas, se ve que o meu non é o de fotógrafa.